viernes, 26 de junio de 2020

ESTUDIOS DE GRADO EN LA UNIVERSIDAD DE A CORUÑA

Publicamos información recibida de la UNIVERSIDAD DE A CORUÑA sobre los ESTUDIOS DE GRADO ofertados curso 2020-2021.
A situación sanitaria que estamos a vivir como consecuencia do impacto da COVID-19 nas nosas vidas, convídanos á prudencia para evitar rebrotes e novos contaxios, polo que na Universidade da Coruña (UDC) pensamos en ofrecer ao futuro estudantado universitario, unha nova edición das XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS (XPAV) o martes 14 e o mércores 15 de xullo.

Dende a UDC queremos acompáñalo no camiño de elección do seu futuro universitario amosándolle a nosa ampla oferta académica.
As datas non están escollidas ao azar. As ABAU celebraranse en toda Galicia os días 7, 8 e 9 de xullo baixo un estrito protocolo sanitario.
As cualificacións faranse públicas o 16 de xullo, polo que esa semana será a que se utilice para decidir a titulación que cursarán o curso 2020-2021.

Nas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, os visitantes (estudantes e familiares) coñecerán por dentro a nosa Universidade e poderán interactuar cos responsables das titulacións, os vindeiros martes 14 e mércores 15 de xullo.
Tamén coñecerán servizos e unidades que lle van a facer máis fácil e atractiva a VIDA UNIVERSITARIA: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, cooperación e voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...
Poderán ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade, 2 Graos Abertos e o Grado de Nanociencia e Nanotecnoloxía de nova implantanción, no curso 2020-2021
E na aplicación móvil UDC.gal para Android e para IOS

Disporán de:
• Videoconferencia en directo de cada titulación
• Vídeos de Centros Universitarios
• Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumando titulado.

Temos un apartado especial con RETOS E OBRADOIROS EN VIVO, con agasallos para os participantes.
Tamén terán a súa disposición un posto de INFORMACIÓN XERAL no que poderán facer as consultas e formular as dúbidas sen límite algún.
Fuente:
Xefa do Servizo de Estudantes
sape.difusion@udc.es
Tel.: 981 167 000, exts. 2900/2912/2901
Tel. directo: 881 012 900/881 012 912/881 012 901